O grupo Revolver ofrecerá o concerto gratuíto das festas de Santa Rita

A banda liderada por Carlos Goñi presenta o sábado 20 de maio na Xunqueira a súa xira 'Adictos a la euforia' 
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Carlos Goñi, líder do grupo Revolver, nunha actuación en Pontevedra. DS

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía vén de avanzar o primeiro gran evento do programa das festas na honra de Santa Rita. Trátase do concerto gratuíto que tradicionalmente se celebra no parque da Xunqueira e que este ano correrá a cargo do grupo Revolver. A formación liderada por Carlos Goñi tocará o sábado 20 de maio, a partir das 23.00 horas, no marco da súa xira 'Adictos a la euforia', interpretando grandes clásicos da banda como 'El roce de tu piel' o 'Si es tan solo amor', xunto con cancións de nova factura integradas neste novo proxecto que está a desenvolver.

Carlos Goñi é un dos músicos e autores en activo que ancoran a súa carreira nos últimos anos da década dos 80, asinando un pop rock moi persoal tanto nos seus traballos en solitarios como a través de Revolver. En 'Adictos a la euforia', Goñi faise máis protagonista que nunca ao fronte de Revolver e, ante os tempos convulsos e cheos de incerteza que vivimos, presenta un disco que é toda unha declaración de intencións, un álbum contundente e sen nostalxia, cheo de boas cancións que invitan a ver as cousas dende outro lugar.

Dende o barrio madrileño de Las Ventas no que naceu e con só 18 anos, Goñi comezou a súa carreira musical como compositor e guitarrista en 1979 formando parte de agrupacións como Garaje e Comité Cisne. Pouco tempo despois decide iniciar o seu camiño en solitario para levar as rendas da súa carreira.

En xaneiro de 1989 funda e ficha pola compañía multinacional Warner Music Spain. Dende entón e ata a actualidade, Revólver converterase en selo de identidade de Carlos Goñi, servíndolle a modo de pseudónimo á hora de publicar os seus álbums. En 1993, e producido por MickGlosopp, decide gravar o primeiro 'unplugged' da música en España: Revólver Básico que representou o trampolín definitivo á súa carreira, con máis de 250.000 copias vendidas e unha xira de máis de 100 actuacións.

Unha carreira prolífera chea de éxitos, boas cancións e bos directos que fixeron de Carlos Goñi (Revolver) un dos artistas españois máis emblemáticos. A súa versatilidade e bo facer nos escenarios fai que poida encher aforos só coa súa guitarra, como demostrou na súa xira 'A solas' (2007), así como tamén a compañarse de outros músicos (baixo, batería, teclista, coristas, metais, etc.) para mostrar o seu directo máis potente.

Entre as súas cancións máis populares atópanse 'El roce de tu piel', 'Si es tan sólo amor', 'Dentro de ti' (canción dedicada á cidade de Valencia), 'Esclavo de tu amor', 'Mi rendición', 'Calle Mayor', 'El dorado', 'San Pedro', 'El faro de Lisboa', etc. todas elas de importante influencia na historia recente da música española.

Hoxe en día con máis de 1.500.000 copias vendidas, segue renovándose e facendo discos que lle saen do corazón prescindindo de tendencias e modas.
O sei traballo "Argán", gravado integramente en Marrakech con colaboracións de músicos marroquíes, é un exemplo máis da súa inquietude musical. Produtor, arranxista, compositor, guitarrista e cantante: un músico completo que ten, sen dúbida, moi tas cousas que dicir.

As celebracións na honra de Santa Rita contarán este ano con catro días de festexos que comezarán o venres 19 e rematarán o luns 22. O concerto de Revolver é só un das actividades que se incluirán no programa cuxo conten ido íntegro darase a coñecer proximamente.