A Gala contra as guerras e o desfile de carrozas despiden as festas de San Roque

O público infantil poderá gozar da maxia e o humor no Museo Encantado que Dani García dirixirá nos Xardíns de Ravella.

Una de las jornadas del Festaclown. CONCELLO DE VILAGARCÍA
photo_camera Unha das xornadas do Festaclown. CONCELLO DE VILAGARCÍA

As Festas de San Roque 2022 chegan ao seu fin e, como manda a tradición, a última xornada de celebración estará marcada pola popular Batalla de Flores.

O desfile das engalanadas carrozas percorrerá as rúas da cidade para despedir as festas nunha xornada que comezará ás 11.00 horas coa maxia e o humor do espectáculo O Museo Encantado creado por Dani García onde o público pode sentir ever a maxia máis preto que nunca. De seguido, ás 12.30, o Grupo de Gaitas Treboada de Guillán fará un pasarúas por toda a cidade.

Xa pola tarde, ás 19.30 horas, a praza de Galicia será testigo do peche desta edición do Festaclown 2022 cunha gala na que participarán algunhas das compañías ligadas ao festival ao longo dos últimos anos. Unha gala con circo, humor, clown, acrobacias e moitas máis sorpresas. Pallasos en Rebeldía pon o broche de ouro ao festival artellando unha gala contra as guerras do capital e a ocupación.

A derradeira actividade que contempla o programa das Festas de San Roque de este ano é o desfile de carrozas que encherá as rúas de Vilagarcía con música, folclore e animación. O percorrido comeza na Estación de Autobuses pola Rúa Moreira Casal, Avda. Juan Carlos I, Rúa Gumersindo Nartallo, Praza da Independencia, Rúa Edelmiro Trillo, para rematar na Praza de España.