Fotografía, cine e teatro para conmemorar este 8-M en Vilagarcía

O propio venres 8, ante a fachada da Casa do Concello, ás 12.00 horas, procederase á lectura do manifesto a cargo do Consello Local da Muller
Presentación da programación do 8-M, este venres. DS
photo_camera Presentación da programación do 8-M, este venres. DS

O Concello de Vilagarcía, a través da área de Igualdade e o CIM, conmemorará este 8-M (Día Internacional da Muller) con diferentes actos e actividades que comezan  hoxe cun maratón fotográfico, A igualdade de xénero, que se poderá visitar dende as 10.00 ata as 23.59 horas, dentro do termo municipal.

O programa, que foi presentado durante a mañá deste venres polo alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, acompañado da edil de Igualdade e tenente de alcalde, Tania García, xunto á directora do CIM, Julia Barbosa, e a técnica Dolores Maquieira, continúa o mércores 6 coa proxección cinematográfica ‘La empleada del mes, ás 21.00 horas no Salón García e con entrada de balde. O propio venres 8, ante a fachada da Casa do Concello, ás 12.00 horas, procederase á lectura do manifesto a cargo do Consello Local da Muller, nun acto no que participará o alumnado da Escola Municipal de Música Bernardo del Río, a cargo do cal correrá o acompañamento musical.

A programación pecharase o sábado 16 de marzo con ‘Feminissimas’, unha comedia negra teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade a cargo da compañía De Ste Xeito. A cita será no Salón García ás 20.30 horas.