Éxito no primeiro Encontro da Xuventude Xitana promovido por Cáritas Arousa

A Asociación celebrou onte a primeira xuntanza co colectivo enmarcada no programa Arrumí, co obxectivo de mostrar ás mozas e mozos que hai referentes válidos e positivos nos que reflexarse
(JLO_20221020_0015.JPG)  Salnes Encuentro de la Juventud Gitana Caritas Arousa y Secretariado Gitano
photo_camera Mila Hermida (esquerda) xunto con catro das poñentes do Encontro. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Asociación Cáritas Interparroquial de Arousa en Vilagarcía celebrou onto o primeiro Encontro da Xuventude Xitana, unha xuntanza enmarcada dentro do programa de Caritas co nome Arrumí, subvencionado polo IRPF da Xunta de Galicia. A Asociación leva traballando co colectivo xitano dende fai moitos anos, practicamente dende a súa fundación, mentres que Arrumí, que traballa con mulleres xitanas, faino dende 2015. O programa está destinado á mulleres, pero tamén á xuventude, xa que "estes programas non estáticos e as necesidades cambian", asegurou Mila Hermida, a coordinadora de Arrumí.  

O eixe central da xuntanza de onte foi o de demostrar ás mozas e mozos do colectivo que hai referentes válidos e positivos nos que reflexarse. "Este ano o que se pretende e se comproba e que hai unha falta moi grande de referentes dentro do que é o pobo xitano, e sobre todo en Vilagarcía. Moi poucos nenos e nenas titulan a ESO, seguen estudando, teñen traballos normalizados...O que se pretendeu con este encontro é sensibilizar que se está dando un cambio na xuventude xitana e que é bo que todos os mozos teñan referentes, sexan xitanos ou non, pero que sexan positivos", salientou Hermida. 

"Por iso se invitou a cinco rapazas a contar a súa experiencia: as dificultades e os apoios que tiveron para sacar a ESO, as expectativas de vida, que queren seguir estudando, que queren chegar a facer...". Dende a organización valoraron a experiencia como "moi positiva para todas as persoas que asistiron, e sobre todo para as máis novas". Aseguran que "ter referentes e que sexan positivos sempre lles axuda. Que non pensen que todo é quedarse en casa ou seguir reproducindo roles, senón que hai outras maneiras de actuar".

A reunión foi un éxito de participación, xuntando a preto de 50 asistentes entre xentes do colectivo xitano e  "paios". "Esperamos conitnuar o ano que ven co programa de sensibilización xa que saíu moi ben, as rapazas que viñeron sentíronse referentes dalgunha maneira" asegurou encantada Mila. Unha das persoas que non puido estar in-situ na conversa, pero que estivo presente mediante unha presentación que fixeron as súas comañeiras, foi Yohana, unha rapaza de Marín campioa galega de boxeo na súa categoría e que nesta  semana atópase en Villescas (Valencia), para loitar polo campionano nacional. "Acabamos dicindo que imos estar todas atentas a ver que fai Yohana e se ten sorte na competición". asegurou Mila Hermida.

Esperamos repetir o ano que ven o programa de sensibilización xa que saíu moi ben

O programa inclúe moitas máis actividades, dende visitas a domicilios (dentro dos diferentes asentamentos ou nos pisos), ata obradoiros educativos durante todo o ano, moitas entrevistas de acompañamento ou diversas actividades con rapaces e con adolescentes. "Todos os anos hai unha planificación de actividades de cada traballo co colectivo e dentro de Cáritas con outro tipo de colectivos". "A idea principal do programa así como do noso traballo é acompañar ás familias e ás persoas para que sexan autónomas. O obxectivo principal é que non precisen de Cáritas".

Na actualidade, o programa Arrumí traballa cun total de 20 familias ou mulleres que participan activamente. Os datos mostran que, durante todo o ano, Cáritas traballou con 64 mulleres, e como persoas beneficiarias do programa contabilizan preto de 130 persoas. "É un traballo moito máis constante con esas 20 pero sempre hai outras mulleres que por outros tipos de srevizos, aínda que non haxa un traballo tan continuado, tamén acuden aquí para ser atendidas polas súas necesidades", sinala a coordinadora.

As actividades máis fortes de sensibilización desta iniciativa foron o 8 de abril, Día Internacional del Pueblo Gitano que, para o ano que ven, "se continúa o programa, se volverá a facer". "Sempre intentamos celebrar o 25 de novembro con algún tipo de actividade xa sexa interna ou de sensibilización. O que resta do ano imos seguir cos obradoiros, visitas e demás cousas que facemos con normalidade no programa", sentenciou Hermida.