O eurodiputado Nicolás González reúnese cos socialistas do Salnés

Na xuntanza tratáronse temas como as axudas ao mar ou o sector vinícola da comarca
Encontro entre o eurodiputado Nicolás González e representantes do PSdeg-PSOE do Salnés. DS
photo_camera Encontro entre o eurodiputado Nicolás González e representantes do PSdeg-PSOE do Salnés. DS

O eurodiputado galego Nicolás González Casares, visitou na tarde deste martes Vilagarcía co fin de manter unha xuntanza con representantes do PSdeG-PSOE da comarca do Salnés, no que deu conta do traballo feito durante a lexislatura que está a piques de finalizar. 

No encontro, recabou o apoio unánime dos socialistas da contorna, pola súa gran labor na defensa, en Bruxelas, dos intereses de Galicia e especialmente do Salnés.

Un claro exemplo disto, explican dende a formación de esquerdas, é que, durante esta lexislatura, conseguiuse que as mariscadoras e mariscadores recibiran unha prestación para paliar as consecuencias do desastre no marisqueo que sufriron as rías, a través do Fondo Europeo Marítimo de Pesca y Acuicultura (Fempa). Outro dos  temas que se trataron na fructífera reunión foi o sector vinícola, de especial interese para a comarca.