Os estragos do último temporal obrigan a sanear as árbores do parque da Compostela

Realizaranse podas en altura para descargar o peso das copas e darlles a forma que facilite un mellor equilibrio dos exemplares 
Parque de la Playa Compostela en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Parque da Compostela. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Os traballadores da empresa Arbogal iniciaron a traballar na mañá deste martes no saneamento das árbores do parque da praia de Compostela. A actuación, que xa estaba prevista dende hai meses en base o estudo entregado no mes de outubro pola empresa, tivo que ser revisado para avaliar os danos causados polo temporal de hai unhas semanas e adecuar a intervención á nova situación. As actuacións a realizar consistirán principalmente en podas de descarga e de formación das copas para garantir o equilibrio e estabilidade dos exemplares.

Dado o porte e altura de gran parte das árbores da Compostela, a maioría das labores iniciadas este martes consisten en podas en altura, traballos moi delicados e de risco que teñen que ser realizados por persoal cualificado e utilizando guindastres apropiados. As zonas do parque nas que se estea traballando, así como o seu perímetro de seguridade, permanecerán pechados ao público ata que rematen as actuacións.

Unha vez finalizado o saneamento deste parque, os técnicos de Arbogal desenvolverán unha actuación similar no xardín botánico Enrique Valdés Bermejo, onde tamén se concentran árbores centenarias e de gran tamaño.