A Escola de Música adica a semana ás audicións instrumentais abertas ao público

Este martes celebrarase o Concerto de Primavera que protagoniza o alumnado que está preparando o acceso ao Conservatorio e diversas agrupacións instrumentais
Escuela de música. DP
photo_camera Escuela de música. DP

A Escola Municipal de Música Bernardo del Río desenvolve esta semana unha intensa axenda de actividades como peche do segundo trimestre lectivo. As audicións instrumentais abertas ao público e o Concerto de Primavera conforman o groso do programa iniciado a semana pasada cos festivais de Música e Movemento. Ademais, o día 29 celebrarase outro dos concertos de intercambio que a Escola de Música iniciou cos centros educativos do municipio.

A Semana das Audicións Instrumentais desenvolverase entre o luns e o ventres pola tarde, ambos incluídos, coa actuación do alumnado de todas as especialidades de instrumento que se imparten no centro. As audicións son abertas ao público e teñen como obxectivo que os educandos adquiran experiencia sobre o escenario e amosen o aprendido no último trimestre e a evolución rexistrada tocando o instrumento no que se están formando, con interpretacións individuais e tamén grupais.

Este martes, 28 de marzo, terá lugar na sala de concertos da escola o Concerto de Primavera no que actuarán os alumnos e alumnas que se están preparando para presentarse ás probas de acceso ao Conservatorio, así como algunhas das agrupacións instrumentais do centro. Comeza ás 18.30 horas e a entrada é libre e de balde.

E o mércores, 29 de marzo, terá lugar outra das actividades do programa de intercambios que a Escola de Música está a desenvolver con outros centros educativos do municipio. Nesta ocasión visitarán as instalacións do Ramal un grupo de profesores e alumnos do Colexio San Francisco que ofrecerán un concerto didáctico no que haberá moitas sorpresas. Será ás 16:30h. na sala de concertos. Esta actuación é a resposta á que o Combo Moderno da Escola Municipal de Música realizou o pasado mes de novembro no colexio San Francisco con motivo da celebración do magosto. Con este programa de intercambios o centro que dirixe Alberto Vázquez ademais de promover a interrelación entre os centros educativos da cidade, busca, promocionar os estudos musicais e dar a coñecer a formacio´n que se imparte na escola Bernardo del Río.

As actividades complementarias ao programa lectivo propiamente dito comezaron a semana pasada cos festivais de Música e Movemento protagonizados polo alumnado de 4 e 5 años.