Cultura abre o prazo de inscrición no concurso da Festa dos Maios

O certame celebrarase o vindeiro domingo 1 de maio, a partir das 11.30 horas no Parque Miguel Hernández
Un momento da Festa dos Maios celebrada na Seca de Poio. DAVID FREIRE
photo_camera Un momento da Festa dos Maios. DAVID FREIRE

A Concellería de Cultura vén de convocar a Festa dos Maios. Será o domingo 1 de maio, no Parque de Miguel Hernández, a partir das 11.30 horas, coa exposición dos traballos florais e a interpretación das cantigas satíricas. Poden presentarse en cinco categorías: cónicos, artísticos, cruz de maio, caixa e barco. Os interesados en participar xa poden facelo dirixíndose ás oficinas da Concellería de Cultura ata o 17 de abril.

Como xa se vén facendo dende hai anos co obxecto de fomentar a participación e recuperar esta tradición popular galega, o certame non ten carácter competitivo, senón de exhibición, polo que todos os participantes recibirán un premio consistente nunha compensación económica e rosca. As contías oscilan entre os 150 e os 40 euros en función da categoría na que se participe, si o fan con copla ou sen ela e do número de participantes.

Así, nos "cónicos" e nos "artísticos", os premios serán: sen letra, 80 euros e rosca; con letra e cun mínimo de 10 persoas, 100 euros e rosca; con letra e máis de 25 persoas, 150 euros e rosca. No caso dos participantes que conten cun mínimo de 4 integrantes e presenten letriña, levarán e 40 euros e rosca na modalidade de cruz de maio e 30 euros máis rosca nas de caixa e barco. A estas tres categorías só se lles premiará con rosca no caso de que non presenten coplilla para interpretar.

A convocatoria está aberta a unidades familiares, colectivos (asociacións culturais, de mulleres rurais ou veciñais) e centros educativos, aínda que neste último caso só se pode inscribir ou ben a ANPA ou ben a dirección do centro. En todos os casos só se poderá presentar só un maio por cada modalidade. Aqueles que presenten as súas composicións acompañadas dunha letriña alusiva, deberán achegar unha copia na concellería que dirixe Sonia Outón antes do 1 de maio.