O conservatorio oferta 22 prazas en 10 especialidades para o vindeiro ano

A metade son para o Grado Elemental e as outras 11 para o Profesional ▶ O prazo de matrícula para realizar as probas de acceso vai do 24 ao 28 de abril
Escuela de música. DP
photo_camera Escuela de música. DP

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía abre o vindeiro luns, 24 de abril, o prazo de matriculación para realizar as probas de acceso para o curso 20022/23. Nesta convocatoria ordinaria o centro dispón inicialmente de 22 prazas, 11 para o primeiro curso do Grao Elemental e outras 11 para acceder ao primeiro do nivel do Profesional, a distribuír entre un total de 10 especialidades instrumentais. O prazo para anotarse ás probas remata o día 28 de abril. As especialidades ofertadas son as de Clarinete, Frauta, Guitarra, Percusión, Piano, Saxofón, Trompa, Trompeta, Violín e Violonchelo.

Os interesados en realizar as probas de acceso poden obter toda a información na páxina web do centro ou ben poden dirixirse presencialmente ás oficinas do Conservatorio, sitas no primeiro andar do Auditorio Municipal, en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Tamén poden facer consultas chamando ao teléfono 986 500 916.

O número de prazas a ofertar na convocatoria ordinaria podería verse incrementado unha vez remate o proceso de matriculación interna do alumnado que xa cursa estudos no centro e se determine se quedan vacantes. Xunto a isto e tras a realización das probas de acceso, realizarase unha convocatoria extraordinaria para acceder ás prazas dos restantes cursos de cada grao, así como para realizar traslados de expedientes. O prazo para este proceso irá do 29 de maio ao 2 de xuño.

O CMUS de Vilagarcía realizará unha campaña informativa e de difusión sobre o acceso ao ensino de estudos musicais nos centros escolares do municipio, nas rúas da cidade a través dos seus perfís de Facebook e Instagram co obxectivo de informar a poboación sobre a posibilidade de cursar estudos musicais.

Próximas actividades do CMUS

Entre as actividades que o CMUS vai a desenvolver nas vindeiras semanas atópanse a organización, o vindeiro 10 de maio, dun concerto da Orquestra do Conservatorio Superior de Música de Vigo, centro co que mantén unha constante colaboración. Ademais, a Orquestra do CMUS realizará en maio e xuño diversas colaboracións co Coro Liceo, como unha actuación na Residencia de Anciá ns Divina Pastora.

A maiores, o Conservatorio organiza anualmente o Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o Clasclás, que este ano acada a 6ª edición, e no que o alumnado do centro participará activamente no programa "Clasclás a pé de rúa", no programa de concerto e no das masterclasses.