O Concello organiza un seminario de márketing para emprendedores nos Duráns

No que vai de ano, o asesoramento chegou xa a 30 proxectos empresariais
Márketing. PIXABAY
photo_camera O seminario levarase a cabo no Centro Municipal de Emprendemento. PIXABAY

O Centro de Emprendemento de Vilagarcía de Arousa organiza o vindeiro mércores 23 de novembro, o seu primeiro seminario sobre marketing para emprendedores dirixido principalmente a todas aquelas persoas que estean a impulsar ou desenvolver empresas. A finalidade desta actividade é trasladar unha visión xeral e consellos sobre a relevancia do marketing e como conseguir bos resultados con poucos recursos económicos.

No seminario, impartido por un consultor de Craftium –a empresa que xestionar o centro municipal- especializado na área de marketing dende fai máis de 20 anos, daranse a coñecer experiencias reais e casos de éxito de profesionais e pequenas empresas. Con iso, preténdese favorecer o debate que enriqueza a todos os asistentes ao acto. O seminario desenvolverase o vindeiro mércores, 23 de novembro, dende as 18:00 horas ata ás 19,30 horas no Centro Municipal de Emprendemento, na rúa Duráns, a escasos metros do Concello. O prazo de inscrición, gratuíto, xa está aberto e as persoas interesadas poden inscribirse atreves do correo electrónico do centro: [email protected].

O Centro de Emprendemento, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego, que dirixe Alba Briones, continúa así coa axenda de actividades prevista para este ano 2022, coa intención de seguir impulsando e apoiando o emprendemento e a consolidación empresarial da localidade.

Asistido por un equipo de especialistas en diferentes áreas empresarias, o Centro dá resposta á demanda das necesidades do tecido empresarial e das persoas emprendedoras, prestándolles un servizo de atención con tinuada e ofrecendo un completo programa de actividades entre ás que se inclúen obradoiros, seminarios e actividades de networking.

Definir os modelos de negocio

Dende principios deste ano atendéronse máis de 30 proxectos empresariais, celebrouse un primeiro ciclo de obradoiros orientados á definición de modelos de negocio, e tiveron lugar dous eventos de networking centrados no marketing sustentable -que contou coa presenza do experto Javier Varela- e na industria da cultura e creativa -onde asistiron varios emprendedores de éxito e presentaron a súa experiencia.

No marco das actuacións previstas para este ano, continuarase coa realización de obradoiros, nos que se abordarán de maneira práctica aspectos de definición e validación de modelo de negocio. Os emprendedores e emprendedoras interesados poderán axendar titorías para definir a folla de ruta dos seus proxectos segundo as súas necesidades.