O Concello inviste 55.000 euros para renovar a Rúa Maceiras

A actuación, cofinanciada coa Agader, foi adxudicada a Nemesio Ordónez, SA, que terá dous meses para realizar a obra ▶ Outra empresa traballa agora mesmo na reparación da cuberta da biblioteca de Bamio

O Concello de Vilagarcía deu luz verde á actuación este luns. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Fachada Concello Vilagarcia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O goberno local acaba de adxudicar á empresa Nemesio Ordónez, SA a reforma integral da rúa Maceiras, que une o lugar de Aralde co pazo de Rúa Nova. O investimento é de 55.000 euros para un vial de apenas 500 metros de lonxitude. A obra, que deberá estar rematada en dous meses, forma parte do Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022/2023, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que cofinancia o proxecto xunto co Concello.

Na actualidade, a rúa Maceiras está pavimentada pero posúe unha capa de rodaxe bastante deteriorada que en inverno, coas chuvias, dificulta o tránsito. De aí a necesidade de actuar neste vial do interior do termo municipal, aseguran dende Ravella. Ademais da roza, limpeza e acondicionamento do camiño, ata conseguir un ancho uniforme de 4,5 metros, as obras inclúen a instalación de tubaxes para o drenaxe das augas pluviais. Finalmente se dotará a todo o camiño dunha nova capa de rodaxe de 5 centímetros de espesor.

MÁIS ACTUACIÓNS NO RURAL

Por outra banda, ademais de na rede de camiños, o Concello segue traballando no mantemento e mellora das infraestruturas dos parroquias e lugares. Así, neste mesmo momento se está realizando a reparación da cuberta da biblioteca de Bamio, despois de que se detectaran filtracións que facían incómoda a estancia para traballadores y usuarios do centro de lectura.

A mesma empresa á que se adxudicou o arranxo da cuberta de Bamio recibiu tamén o encargo de reparar as filtracións nos tellados do centro sociocultural de Cornazo, da Escola Municipal de Música e do colexio do Piñeiriño. Paralelamente, o goberno local aprobou tamén os presupostos para instalar novos portais de peche no colexios de Rubiáns e de Vilar-Bamio.