O Concello autoriza a ampliación de horarios da hostalaría para a noite de Fin de Ano

A Xunta de Goberno Local aprobou o luns que os establecementos poidan traballar durante 2 horas máis na noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro

Foto para ilustrar trabajadores de la hosteleria y terraza. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Foto para ilustrar trabajadores de la hosteleria y terraza. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Goberno Local de Vilagarcía acordou este luns autorizar unha ampliación xeral dos horarios de funcionamento do sector hostaleiro para as celebracións de Fin de Ano. Segundo o acordo, os establecementos como os bares, cafeterías, pubs ou restaurantes poderán permanecer abertos 2 horas máis sobre o horario de peche que establezan as súas respectivas licencias de actividade. A medida limítase á noite comprendida entre o 31 de decembro e o 1 de xaneiro.

A ampliación de horarios é algo que algúns establecementos soen solicitar en determinadas épocas ou con motivo de celebracións moi concretas, como é o caso da noite de Fin de Ano, ou da véspera de San Roque. A lei permite con carácter excepcional a ampliación de horarios para este tipo de celebracións, medida que o executivo local decidiu facer extensiva a todo o sector seguindo a liña das medidas postas en marcha dende o inicio da pandemia para favorecer a actividade hostaleira e axudar a súa recuperación.

Ata o día de hoxe, tan só tres establecementos hostaleiros solicitaran a ampliación de horarios para esta sinalada data.