Comunican os peches a varios locais por incumprir as normas

As principais causas das suspensión son o ruído e os horarios dos establecementos
Calle agustin Romero 28 villagarcia donde supuestamente hubo registros policiales. DAVID FREIRE
photo_camera Imagen nocturna de Vilagarcía. DAVID FREIRE

O Concello ten abertos varios expedientes sancionadores a distintos locais de hostalería, na maioría dos casos por incumprimento das normas sobre ruído. Tras as denuncias de varios veciños, desesperados cos decibélios que teñen que soportar polas noites, e as medicións realizadas, na semana pasada foron comunicados os peches a CocoLoco e Dolce Vita, en ambos casos, por incumprimento da lexislación de ruídos, e ao Travolta por traspasar os límites permitidos en canto a horarios.

Nestes momentos están abertos outros expedientes, que serán comunicados con moita probabilidade nos vindeiros días. Nuns casos, as infraccións se cualifican como graves; noutros, como moi graves. No primeiro caso, as multas van dende os 601 aos 12.000 euros, e no segundo, de 12.001 a 300.000. Incluso a licencia podería ser revogada. Mentres o expediente se tramita os locais deben seguir pechados. A rotura do precinto ou a apertura derivarían nunha denuncia diante da fiscalía.