As comisións de festas xa poden solicitar a actuación da Banda de Música

As solicitudes presentadas antes do 30 de abril terán preferencia á hora de adxudicar as actuacións e facer cadrar o calendario
 
Actuación de la Banda de Música de Vilagarcía de Arousa en Piñeiriño. DP
photo_camera Actuación de la Banda de Música de Vilagarcía de Arousa en Piñeiriño. DP

A Concellería de Cultura informa de que as comisión de festas das parroquias de Vilagarcía que desexen contar coa actuación gratuíta da Banda de Música de Vilagarcía deben solicitalo canto antes e por escrito. O obxectivo desta medida é poder concretar o número de actuacións que o Concello incluirá no convenio a asinar coa formación musical para o ano 2023 e tamén para pechar o calendario das mesmas. Por esa razón, dende o departamento que dirixe Sonia Outón lembran que as solicitudes presentadas antes do abril terá preferencia á hora da adxudicación das actuacións da Banda concertadas e financiadas polo Concello.


As comisións organizadoras deberán dirixirse á Concellería de Cultura presentando a través da sede electrónica a solicitude mediante o modelo de instancia xeral, indicando a data para a cal solicitan a actuación da Banda.

Dado que as datas das festas coñécense de antemán, o Concello fai isto coa idea de organizar o calendario de forma equilibrada e para que o reparto entre todas as parroquias sexa o máis equitativo posible, se xeito que ningunha quede sen poder gozar da actuación da Banda de Música. Tradicionalmente, a Banda ofrece dúas modalidades de actuación: en concerto e a de pasarrúas ou procesión.