O colectivo Umia Vivo denuncia "agresións" a varios petroglifos do monte Xiabre

Aseguran que o Concello de Vilagarcía é "responsable directo" dos actos e que carece dun plane prioridades na xestión do patrimonio do monte
Petroglifos Xiabre. DS
photo_camera Un dos tobos para coellos que afecta aos petroflifos. DS

"O monte Xiabre, territorio de indubidable interés está convertido, unha vez máis, en escenario de agresións ao seu patrimonio milenario", denuncia o colectivo Umia Vivo. O petroglifo número 8 de Sobreiras (paraxe de Pouso Cobo), está afectado por obras de formación dun tobo para os coellos, sen sinalización nin balizado. Das catro laxes que integran o conxunto, unha aparece tocada e as outras tres están pendentes de averiguar se sufriron danos.

Na ampliación doutro tobo, completaronse obras de ampliación sen sinalizar nin balizar, deixando sobre o terreo a pegada do paso da maquinaria, sen gardar as distancias de seguridade. Umia Vivo indica que os feitos foron postos en coñecemento da Consellería de Cultura por funcionarios do Servizo de Vixiancia, sen que tomaran medidas urxentes.

"No abandono, ademais da Consellería, ten unha responsabilidade directa o Concello de Vilagarcía, que carece dun plan e de prioridades na xestion do patrimonio situado no monte", denuncia.

No Xiabre, encargou a unha empresa de arqueólogos traballos de xestión forestal, e reduciron a medias a afección de biomasa no caso de incendio, pero abriron corredores de acceso, que non completaron coa identificación das pedras con gravados, que en gran medida houberan evitado os danos que agora se están producindo por falta de visualización dos mesmos.