O Centro Municipal de Emprendemento acolle un networking sobre a industria cultural e creativa

Varios emprendedores compartirán as súas experiencias cos asistentes para que recollan ideas e resolvan as súas dúbidas
O Concello informou de que a ralización dos traballos é urxente. DS/ARQUIVO
photo_camera Concello de Vilagarcía. DS/ARQUIVO

O Centro Muncipal de Emprendemento de VIlagarcía desenvolve mañá, xoves, 29 de setembro a partir das 19.00 horas, a primeira xornada de networking centrada no sector cultural e creativo. Emprendedores neste ámbito compartirán as súas experiencias cos asistentes para que recollan ideas e resolvan as súas dúbicas co obxecto de incentivar, promover e colaborar na posta en marcha de novos proxectos. A asistencia ao acto que se celebrará nas instalacións da Rúa Os Duráns é de balde e os interesados poden inscribirse mandando un mail ao enderezo [email protected]

Na xornada de mañá contarase con varios perfís emprendedores da industria cultural e creativa, concretamente, un proxecto de produción musical, unha produtora audiovisual, un proxecto de fotografía arquitectónica e un proxecto de paisaxismo. Tras as intervencións dos emprendedores, que exporán a súa traxectoria e experiencia no sector, darase paso a un espazo debate e networking entre os asistentes.

Prevese que á xornada acudan os proxectos emprendedores aos que se presta apoio dende o Centro de Emprendemento, os cales atenden a diferentes necesidades e pertencen a sectores diversos, destacando o sector turístico e de lecer, o socio-sanitario, de servicios estéticos, o sector alimentario e, por suposto, os da industria cultural e creativa.

A metodoloxía de traballo empregada dende o centro, consiste na creación dunha folla de ruta na que se reflictan as necesidades iniciais da idea de negocio, a partir da cal organízanse unha serie de titorías nas que se traballa de forma individualizada coas persoas emprendedoras, segundo as súas necesidades.

Lévase polo tanto un seguimento individualizado de cada proxecto emprendedor, acompañado no proceso de definición de modelo de negocio ás persoas emprendedoras que o precisen. De forma coordinada realízanse obradoiros e seminarios de diferentes temáticas coa finalidade de fortalecer os proxectos, facer comunidade e fomentar o networking entre as diferentes iniciativas.

Do mesmo xeito, dende o Centro de Emprendemento de Vilagarcía de Arousa, facilítase o uso do espazo de sementeiro a disposición das iniciativas interesadas, ofrecéndolles un espazo de traballo e favorecerase a creación de sinerxías e a colaboración entre os usuarios.

O Centro Muncipal de Emprendemento é un servizo de recente creación (comezou a funcionar o pasado mes de maio) posto en mracha pola Concellería de Promoción Económica e Emprego co obxectivo principal de apoiar e impulsar o emprendemento como medio para facilitar a creación, despegue e consolidación de novas empresas que contribúan a dinamizar a economía local e a xeración de emprego de calidade na cidade.