O centro de emprendemento de Vilagarcía presta apoio a 17 novos modelos de negocio

Destacan os relativos ao sector turístico, á atención socio-sanitaria, aos servizos estéticos, á industria da cultura e á alimentación
A iniciativa municipal pretende dinamizar a economía local e a xerar emprego de calidade na cidade. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera A iniciativa municipal pretende dinamizar a economía local e a xerar emprego de calidade na cidade. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Centro Municipal de Emprendemento posto en marcha pola Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vilagarcía o pasado mes de maio está a prestar apoio a 17 novos proxectos de negocio co obxectivo de axudar aos promotores destas iniciativas a darlles forma e poñelas en marcha. Ademais dos datos relativos ao sementeiro de proxectos, a memoria de actividades realizadas nestes primeiros cinco meses polo servizo con sede na rúa Os Duráns complétase coa organización de obradoiros e seminarios temáticos destinados aos emprendedores e tamén coa realización de eventos de networking sectoriais abertos a todas as persoas interesadas.

Coa creación do Centro Municipal de Emprendemento, a Concellería que dirixe Alba Briones pretende apoiar e impulsar o emprendemento como medio para facilitar a creación, despegue e consolidación de novas empresas que contribúan a dinamizar a economía local e a xerar emprego de calidade na cidade.

Neste cinco primeiros meses de funcionamento, o persoal do Centro atendeu a un total de 21 emprendedores, dos que 17 decidiron beneficiarse do asesoramento e acompañamento que ofrece o servizo para poder definir as súas ideas de negocio e concretalas nun proxecto empresarial que dende o Centro tamén se lles axudará a poñer en marcha.

Os proxectos aos que se presta apoio e se están titorizando son de diverso tipo, destacando os relativos ao sector turístico, á atención socio-sanitaria, aos servizos estéticos, á industria da cultura ou ao sector alimentario. Tamén se está a traballar con iniciativas de hostalaría e restauración e algunhas pertencentes ao sector téxtil e ao de artesanía.

Detectadas as necesidades de cada iniciativa e como complemento á atención individualizada, dende o Centro organízanse obradoiros e seminarios temáticos mediante os que os emprendedores poidan ampliar a súa formación e resolver carencias. No primeiro ciclo deste tripo de actividades xa se realizaron dous obradoiros sobre definición e validación do modelo de negocio e está previsto un terceiro sobre Modelo Económico-Financeiro.

Tamén está previsto nos próximos meses a realización de seminarios temáticos nos que os participantes poderán adquirir nocións básicas en diferentes materias da man de profesionais de relatores de contrastada traxectoria profesional nos seus respectivos campos, que compartirán a súa experiencia cos novos emprendedores. Recursos públicos e axudas, análise de mercados, márketing, internacionalización, innovación e economía circular son os temas que se abordarán nesta primeira quenda.

A maiores, e tendo como público destinatario a toda aquela persoa interesada, o Centro Municipal de Emprendemento tamén desenvolveu dous eventos de networking abertos. O primeiro, celebrado no mes de maio serviu para dar a coñecer os servizo s que ofrece o Centro e contou coa intervención de Javier Varela, que falou do Emprendemento, Márketing e Sustentabilidade, e que contou coa participación de 32 persoas,