Catro empresas presentan ofertas para mellorar a accesibilide do cemiterio de Rubiáns

As obras licítanse por 220.000 euros, fináncianse a través do Plan Concellos e teñen un prazo de execución de seis meses
Cementerio de Rubianes. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Entrada ao cemiterio de Rubiáns. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Un total de catro empresas concorren ao concurso público para a adxudicación das obras do proxecto para a Reforma nas instalacións e pavimentos e rehabilitación de elementos construtivos no cemiterio municipal de Rubiáns. A actuación promovida polo Concello de Vilagarcía ten como finalidade adaptar as instalacións ás actuais normas de accesibilidade e mellorar as condicións de uso das persoas que acoden diariamente ao cemiterio. Os traballos licítanse por importe de 220.000 euros a financiar a través do Plan Concellos 22/23 da Deputación Provincial e teñen un prazo de execución de seis meses.

Os obxectivos principais do proxecto son solucionar as diferentes problemáticas que presenta o camposanto, como a recorrente acumulación de augas que está deteriorando seriamente a capela e algúns puntos doas zonas de panteóns e nichos. Outro aspecto que mellorará é a accesibilidade dos peóns, cadeiras de rodas ou carros de bebés, que nalgúns casos se ve dificultada pola falta de consolidación do pavimento debido ao problema da acumulación de augas e á conseguinte aparición de fochancas. A maiores, a actuación proxectada inclúe outras medidas para mellorar o conxunto da instalación, como actuacións sobre a iluminación, o mobiliario urbano ou a xardinaría.

As obras a executar consisten na mellora dos corredores e a pavimentación da zona máis antiga do cemiterio. Estas dúas medidas centraranse nos dous traxectos perpendiculares nos que se ordena o camposanto, mellorando o tránsito entre a entrada principal, a capela e ou conxunto de panteóns familiares e xardíns. Tamén se consolidará o pavimento terreño de todo o cemiterio e se instalará un novo sistema de canalización de augas pluviais para reducir o impacto erosivo que teñen as escorrentías sobre elementos tan singulares como a capela e mesmo as tumbas. A intervención executarase tendo en conta unha futura ampliación do cemiterio no seu lindeiro occidental, así como a posibilidade de incorporar un acceso rodado a través da superficie que ocupa actualmente o invernadoiro municipal.