O Campionato de Triatlón pechará ao tráfico as rúas do litoral entre Vilaxoán e Vilagarcía

Esta medida terá lugar o domingo 7 de maio e comezará ás 9 da mañá estando previsto que se prolongue ata pasadas ás 14 horas
Imagen de una prueba de natación del triatlón. GONZALO GARCÍA
photo_camera Imagen de una prueba de natación del triatlón. GONZALO GARCÍA

A Policía Local de Vilagarcía lembra dos cortes de rúas que terán lugar na franxa litoral entre Vilaxoán e Vilagarcía o domingo pola mañá con motivo da celebración do XII Triatlón Vilagarcía e do Campionato Galego por equipos. As rúas e zonas que se verán afectadas polo desenvolvemento das probas son Preguntoiro, Revenidas, Avelina Nogueira, Peirao de Vilaxoán, Víctor Pita e Valle-Inclán ata o cruce con Alexande Bóveda, nas inmediacións do Cavadelo.

Os cortes comezarán a efectuarse ás 9 da mañá, estando previsto que se manteñan ata pasadas as 14 horas, cando rematará a competición. A Policía advirte de que durante a celebración da proba deportiva, a circulación rodada permanecerá totalmente pechada, e non se poderá saír nin acceder aos garaxes ou estacionamentos do percorrido.