Os Bolechas regresan por Nadal para presentarlles aos máis cativos á bruxa Befana

A representación teatral será o xoves, 22 de decembro, a partir das 19.00 horas no Auditorio ▶ As entradas custan 5 euros para os adultos e 3 para a rapazada de ata 13 anos e colectivos bonificados

Algunos de los personajes de Os Bolechas. DS
photo_camera Algún dos personaxes dos Bolechas. DS

A visita dos Bolechas a Vilagarcía polo Nadal é xa unha tradición. A familia máis popular de Galicia regresa o xoves, 22 de decembro, para presentarlles aos nenos e nenas da cidade un entrañable e divertido personaxe chegado de Italia, A bruxa Befana, nunha función teatral que comezará ás 19.00 horas. A entrada para adultos custa 5 euros e para a rapazada de ata 13 anos e colectivos bonificados (desempregados, maiores de 65 anos e titulares do carné Xoven), 3 euros. Os billetes pódense adquirir anticipadamente de forma online en Ataquilla e, de non esgotarse, o mesmo día da función a partir das 17:00 horas na billeteira do Auditorio.

Sinopse da obra

Os Bolechas este Nadal recibirán unha visita. Non se trata dos Reis Magos de Oriente, nin de Papá Noel, nin tan sequera do Apalpador. Tampouco chegará en camelo, como os Magos; nin en burro, como o Apalpador; nin nunha zorra tirada por renos, como Papá Noel... Ela é unha bruxa boa. Si, si, sentistes ben, moi boa, molto buona. Oístes falar de Befana, a encargada de levarlles doces e xoguetes ás nenas e nenos italianos? Pois este ano desviou o seu camiño e rematou na casa dos Bolechas. Queredes coñecela vós tamén?