A Banda de Música de Vilagarcía ofrece o seu concerto de outono no Auditorio

A formación dirixida por Jesús Nogueira interpretará un programa clásico con obras de compositores como Chopin ou os galegos Juan Lois e David Fiuza
Actuación de la Banda de Música de Vilagarcía de Arousa en Piñeiriño. DP
photo_camera Actuación de la Banda de Música de Vilagarcía de Arousa en Piñeiriño. DP

Despois dunha exitosa temporada de verán a través dos concertos a Banda na Rúa, a Banda de Música de Vilagarcía, volve a ter esta fin de semana unha cita co seu público. Será no Concerto de Outono que ofrecerá o sábado, 8 de outubro, a partir das 20.00 horas no Auditorio Municipal e con entrada libre e de balde ata completar aforo.

A actuación forma parte dos concertos programados a través do convenio de colaboración financiado polo Concello de Vilagarcía para a celebración de 35 concertos e asistencias ás festas de todas as parroquias do municipio ao longo do ano.

Para o Concerto de Outono a Banda de Música de Vilagarcía elixiu un programa clásico no que interpretarán obras de compositores internacionais, como Frederic Chopin, nacionais, como Manuel Lillo Torregosa, e tamén galegos, como Juan Lois Diéguez e David Fiuza.