O Banco Municipal de Tempo organiza unha xuntanza para dar a coñecer os seus servizos

A actividade terá lugar o sábado, 25 de marzo, ás 12 da mañá no seminario número 1 do Auditorio
El auditorio de Vilagarcía acogerá la cita. DS
photo_camera A actividade celebrarase noseminario número 1 do Auditorio. DS

Os usuarios do Banco Municipal de Tempo de Vilagarcía participarán o sábado nunha xuntanza de presentación co obxectivo de coñecerse persoalmente e explicar as actividades que se ofrecen a prestar de forma colaborativa ás demais persoas inscritas no programa. A xuntanza celebrarase ás 12 da mañá no seminario número 1 do Auditorio e está aberta a calquera persoa interesada en coñecer o proxecto que está a desenvolver a Área de Igualdade do Concello e, si o desexan, a inscribirse no mesmo.

O Concello de Vilagarcía reactivou o ano pasado o Banco Municipal de Tempo dentro da liña de intervencións para a inclusión social do programa Vilagarcía Avanza que se está a desenvolver no marco da estratexia EDUSI e que se financia cos FEDER da Unión Europea. A dinamización e xestión do Banco de Tempo nesta nova etapa corre da man sa asociación O Soño de Lilith e coa colaboración doutros colectivos e veciños da vila.

O proxecto consiste dun intercambio de tempo no que persoas de Vilagarcía doan e reciben tempo doutros veciños para a realización de distintas actividades, como conversa en inglés, lingua de signos, acompañamento, asesoramento, paseo de mascotas, actividad es de ocio, cultura, coidados, etc. O principal obxectivo desta iniciativa é tecer redes colaborativas nunha sociedade cada vez máis individualizada e na que se foron perdendo este tipo de relacións que antes eran tan comúns entre a veciñanza e que enriquecía e fortalecían o sentimento de comunidade.

A segunda etapa do Banco Municipal de Tempo púxose en marcha a pasada primavera. Tras os traballos iniciais de actualización do rexistro de usuarios e actividades en oferta e demanda, realizouse unha campaña informativa e de captación de usuarios. Na actualidade o Banco conta con 40 usuarios que están intercambiando actividades dende finais do verán.

A xuntanza do sábado pretende que as persoas usuarias se poñan cara e amosen as distintas ofertas e demandas que hai nesta plataforma. O encontro está aberta á participación de calquera persoa que desexe informarse e, si o desexa, anotarse.