Arrancan os 'Roteiros literarios' da Deputación

O ciclo chegará a Vilagarcía o vindeiro 11 de xuño cunha visita guiada por Xurxo Alonso
 Carmela Silva presenta la campaña de Fitur. GONZALO GARCÍA
photo_camera Carmela Silva, presidenta da Deputación. GONZALO GARCÍA

Esta fin de semana regresan os Roteiros Literarios organizados pola Deputación e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para dar a coñecer as cidades e vilas da provincia da man de autoras e autores galegos, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas que se ambientan en diversos espazos da súa xeografía. Deste xeito, o primeiro dos percorridos celebrarase o sábado 3 de xuño en Vigo, guiado pola xornalista María Xosé Porteiro, e ao día seguinte tomará o relevo a escritora Anna R. Figueiredo que conducirá a ruta Aconteceu en Moaña. En ambos casos, os itinerarios comezarán ás 11.30 horas e as prazas están esgotadas.

Os percorridos continuarán co Roteiro Literario Vilagarcián, que guiará o autor e pintor Xurxo Alonso o domingo 11, no que as persoas participantes visitarán espazos como o Colexio León XIII, a Imprenta Celta, a botica do escritor Lisardo Barreiro e o Instituto laboral.