Alberto Varela (PSOE): "Presentamos un proxecto realista para que Vilagarcía siga avanzando"

Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Será capaz o PSOE de revalidar a maioría absoluta?
Eu dixen, ao longo dos oito anos que levo como alcalde, que non son partidario da política-ficción. O que teña que pasar o día 28 será o que decidamos os vilagarciáns. Vamos seguir traballando e presentando un proxecto para Vilagarcía realista para que siga mellorando e progresando. Noto moita ilusión na xente e se respira moi bo ambiente.

Este mandato estivo moi marcado pola pandemia.
Foi un mandato moito máis difícil que co anterior. A pandemia truncou as planificacións dos 313 concellos galegos. Aínda se están arrastrando consecuencias desa parálise. Estou orgulloso da reacción da sociedade porque nun tempo récord se estaban levando medicamentos e alimentos as persoas maiores, habilitouse un albergue en Fexdega, e púxose un teléfono de atención durante as 24 horas e puxemos en marcha un escudo social para o noso comercio dun millón de euros. A solidariedade dos vilagarciáns foi admirable.

Será posible levar adiante a ampliación do polígono industrial?
Vilagarcía vive moito do sector servizos, que supón un 70% da nosa economía. Hoxe é máis forte que no ano 2015, cando empezamos a gobernar. Son datos do Instituto Galego de Estatística: temos cen empresas máis e o mellor dato de emprego dos últimos 20 anos, hai 2.400 parados, e cando empezamos había 4.000. Temos máis poboación, pero temos un déficit industrial moi importante, e aínda así hai empresas que queren instalarse. No seu día houbo un proxecto de ampliación, feito cando gobernaba o bipartito na Xunta, que se lle entregou ao presidente da Xunta pero non nos fixo caso. Vilagarcía no pode quedar parada e buscou outro socio para desenvolverlo, e para iso ofreceseuse a Zona Franca e imos traballar con eles para tratar de duplicar a superficie. A resposta da Xunta sempre foi que había parcelas noutros polígonos. Parece que non lle importa Vilagarcía.

A Xunta non nos fixo caso e buscamos outro socio, a Zona Franca, para ampliar o polígono industrial"

A oposición asegura que a humanización das rúas está provocando o peche de comercios.
É unha falacia, unha mentira que o tempo vai desmontando, porque este modelo de cidade, no que os protagonistas somos as persoas e non os vehículos, se aplica en moitos concellos e cidades de Europa. Está demostrado que as rúas peonís benefician ao comercio local. É de sentido común: desde un coche non se pode un parar a mirar os escaparates, pero cando camiñas e falas coa xente ves o que hai nela. É un debate que está superado. Entre os anos 2011 e 2015, o Partido Popular recollía enquisas na rúa Rey Daviña contra a peonalización. Que lle pregunten hoxe aos comerciantes.

Por donde vai seguir?
Segue os pasos dun estudio técnico que encargamos. Hai una parte moi importante do centro e segue en Conde Vallellano. Fíxose tamén en Carril, Vilaxoán e O Piñeiriño, e seguirá nos Duráns.

Que unha administración pública como o Concello teña que pagar a outra, como a Autoridade Portuaria, por uns terreos é algo que non resulta facilmente comprensible para todos.
Todos son cartos públicos de administracións públicas, pero todas as institucións teñen os seus orzamentos e as súas competencias. Gustaríame que a antiga Comandancia da Mariña, onde se vai facer o centro de saúde, fose gratuita, como figuraba no protocolo asinado no seu día coa Xunta, pero cando nos contestaron que non, tivemos que buscar unha solución, e as negociacións son cesións polas dúas partes. Tiñamos dúas demandas históricas que se van acadar: o novo centro de saúde, e había que tomar a decisión agora porque os fondos europeos, ao mellor, ian para outro, e fachada marítima. Corríamos o risco de que outra consellería se fixese con ela, e agora somos os donos e por run prezo máis que razoable. Eses terreos vainos permitir facer unha mellor transición entre o Parque Miguel Hernández e as praias, que son a nosa carta de presentación, e sexa un lugar de ocio.

Que a humanización das rúas pecha comercios é una falacia, unha mentira que o tempo vai desmontando"

Na praia tamén está o Balneario, que desde fai dúas décadas sae unha e outra vez nos programas pero sigue pechado.
Había uns contenciosos presentados polos antiguos concesionarios, que reclamaban indemnizacións ao Concello que houbo que resolver e tivemos que negociar con Costas. Eso xa está resolto e teño moi claro que é un inmoble que ten que ser dun potencial turístico moi importante porque está nunha situación privilexiada, nun paseo que vai ser reformado. Se o privado non vai resolver a cuestión, o público ten que entrar para poñer en marcha un proxecto turístico  e que estea operativo neste mandato.

A Vía Verde chegará á cidade?
Está sendo un éxito e estase traballando para chegar ao centro da cidade porque nos sorprendeu a resposta nos tres concellos polos que pasa. Cada vez hai máis turismo que demanda natureza e  na Vía Verde tamén hai patrimonio históricio. Outra sorpresa tamén é o número de usuarios do Vai Bike! Cada vez hay más sensibilización no coidado do medio ambiente. Son nove quilómetros e non hai fronteiras.

Qué destino terán os edificios do  Cuartel da Garda Civil e o Centro de Saúde de San Roque cando queden en desuso?
No momento no que se decidiu non facer o Cuartel en Fontecarmoa, porque a Garda Civil non ten competencias en materia de seguridade cidadá en Vilagarcía por haber Policía Nacional e Local, falamos co Ministerio para utilizar os fondos do plan de vivenda para rehabilitalo, que se queden os axentes que queiran e as outras para os mozos ou para quen as necesiten de protección oficial. O centro de saúde é do Insalud e temos moitas demandas de entidades que necesitan espazo na cidade en temas como saúde mental. Sabemos que lle queda un percorrido de tres ou catro anos, pero ya estamos traballando para dicirlle ao Estado que queremos ese edificio.

E para cando a Casa do Maior?
Temos claro, desde que mercamos esa vivenda ao Plan Nacional sobre Drogas, a un moi bo prezo (ao redor de 180.000 euros e no centro) será para os maiores. Está pendente do informe de Patrimonio porque ese inmoble está catalogado e teñen que darlle o visto e prace. Esperamos que as obras se fagan durante o ano 2023 para estar operativo no 2024.