Afaga imparte unha charla sobre o alzheimer para familias e profesionais socio sanitarios

O Concello colabora na actividade que se desenvolverá o luns 12 de decembro no Auditorio entre as 16.00 e as 20.00 horas
Un hombre con alzheimer. PIXABAY
photo_camera Un hombre con alzheimer. PIXABAY

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) a Vilagarcia trae o luns, 12 de decembro, unha sesión destinada a informar e formar a familiares, coidadores e profesionais do sector socio sanitario sobre a enfermidade do alzheimer e os coidados que precisan as persoas que a padecen, así como as que conviven con elas. A actividade é de acceso libre e desenvolverase no seminario numero 1 do Auditorio Municipal entre as 16.00 e as 20.00 horas.

A asociación invita a asistir á sesión formativa a todas as persoas interesadas nesta materia, tendo cursadas xa invitacións a escolas, colectivos sociais e empresas do sector socio sanitario. AFAGA entende a formación como un dos aspectos clave para enfocar a atención aos enfermos e enfermas de alzheimer e outras demencias. Por un lado, cando unha familia afronta por primeira vez un diagnóstico de alzheimer nun dos seus membros necesita aprender a vivir cunha enfermidade que pode ser longa e que, seguro, levará consigo un proceso complexo cheo de dúbidas. E por outro, tamén o profesional da saúde ou do coidado de persoas dependentes necesita coñecer as especiais características do trato a un paciente con demencia.

AFAGA organiza cursos e talleres para que a actuación duns e outros incorpore todo o coñecemento actual, froito da experiencia de moitos anos de intervención neste campo, dende 1994.