Diego Padín: "A xente non poderá aforrar se non entende á súa factura"

▶Entender os entrefíos dunha factura da luz é o que procura o sanxenxino Diego Padín, que imparte charlas -unha delas en Sanxenxo- para que os usuarios aprendan aforrar e a atopar alternativas para gastar menos
Diego Padín en una de las charlas. DS
photo_camera Diego Padín en una de las charlas. DS

Debido ao contexto económico-social actual na que a subida de prezos conleva á preocupación diaria dos usuarios á hora de pagar as facturas desorbitadas da luz, persoas como Diego Padín, a través da proposta Ecoinnova Poio, ofrece charlas para dar consellos sobre como aforrar enerxía e cartos na factura da luz. Ditas charlas tiveron inicio no concello de Poio e continuaron en Sanxenxo para a Asociación de Mulleres Rurais e téñense previsto algunhas máis que se anunciarán na páxina web oficial que organiza esta proposta.

En que consisten estas charlas?
Aquí concentrase en entender unha factura de luz normal de suministro eléctrico e que non enganen á xente.Tamén ensinamos formas de aforro de diferentes formas. Dende o uso dos electrodomésticos,todo sobre a instalación solar, etc. Tocamos todos os paos referentes ao gasto eléctrico nos fogares.

A xente é moi participativa?
Si, de feito, houbo xente que repetíu e, moitas veces houbo aforo completo. E agora estamos tamén facendo sesións a título particular nalgunhas para facer un estudo pormenorizado nalgúns negocios.

Que adoita preguntar a xente máis nestas sesións?
As preguntas adoitan ser sobre a marcha xa que ímos explicando como vai unha factura real de luz para que a xente vaia entendendo cada concepto e, segundo á xente vai preguntando, vaise profundizando máis. Tendo en conta isto, as preguntas máis frecuentes solen ser o prexo fixo da pontencia, si se ten un bo contrato e de que forma cambialo, se están metendo conceptos a máis onde se cobra máis na factura. O fin de todo isto é que se unha persoa non poderá aforrar se non entende a factura. Unha vez que se aprende ben isto, o usuario pode comparar ben os servicios que ofrece cada compañía e cal se axusta mellor ás necesidades de cada un. 

"É importante mirar o contador, polo menos unha vez ao ano, para ver que están contabilizando ben o gasto real da luz"

Cal é o top cinco das recomendacións de aforro?
O primeiro sería verificar que teño ben contratada a potencia, ver que non me estén cobrando servizos engadidos que non preciso. Con estes servizos chegan a cobrar arredor dos 50 euros anuais nas facturas, como pago a maiores. En terceiro lugar ver se teño un bo prezo kilowatio/hora. Tamén é importante como cuarto lugar saber en que horarios podo consumir enerxía de forma máis barata. Como quinta cousa máis relevante sería saber potenciar o que xa se ten ou algo engadido. Isto é que si ademais se fai na casa unha instalación fotovoltaica, iso pode repercutir positivamente na factura da luz.

Nese último caso, se os usuarios viven nun edificio como poderían facer unha instalación dese calibre?
Poderíase facer con unha comunidade enerxética no seu edificio, por exemplo. Ao final o aforro tamén está nas pequenas cousiñas. A xente aínda non coñece ben o tema dos horarios de aforro. Hai xente que non sabe que está pagando a un prezo distinto a luz a cada hora.

Foto dalgunhas das charlas realizadas./D.P
Foto dalgunhas das charlas realizadas./D.P

Como pode a xente mirar a súa factura e comprobar que non os están enganando?
Sobre todo mirar os servizos engadidos, o servizo de asistencia, o mantemento, etc. Ese tipo de termos nunca fan falta. Todos temos un fontaneiro a man ou un electricista aos que acudir e e non se precisan eses servizos. As empresas máis grandes, o asistencia pymes e póñenllo un fogar particular. Isto aumenta moito a factura. Outra cousa tamén relevante é, polo menos unha vez ao ano, ir a revisar o contador da luz para saber que están facturando correctamente e que non poña na factura ‘lectura estimada do contador’ nin nada deso.

Como pode unha persoa desfacerse deses servizos innecesarios.
Ten que chamar á súa compañía. Recoñezo que non sole ser tarefa fácil xa que as compañías sempre van querer liarte, por iso a xente ao final e deforma xeral e común prefire cambiarse de compañía xa que cando lle meten iso é pala paliar outras cousas que che meten polo medio da factura e cambiando de compañía matas dous páxaros dun tiro e devolves directamente o recibo, senón aínda terás que pagar a parte proporcional do que queda de ano.