Vandalismo no valado protector das dunas de Baltar en Portonovo

O Colectivo Ecoloxista do Salnés denuncia que os arames foron cortados na madrugada do sábado
Baltar vandalismo 2
photo_camera Parte dos desperfectos no valado de Baltar. DS

As dunas de Baltar, na costa de Portonovo, foron protagonistas esta semán dunha intervención moi positiva para a súa protección por parte da Dirección Provincial de Costas. Consistiu na instalación de dous paneis sobre os valores da duna e un valado de separación da zona de piñeiros, xa no seu día arrebatada á duna, do resto do sistema dunar, para que o tránsito de persoas e máquinas quedase restrinxida. Paseantes con ou sen cans e outras intervencións desafortunadas como a acción das máquinas rozadoras, non fan máis que empobrecer a vexetación e afectar ás plantas dunares que logran a duras penas sobrevivir, e que este valado pretende protexer.

Tristemente, denuncia o Colectivo Ecoloxista do Salnés, este valado foi froito de vandalismo ou sabotaxe na madrugada do sábado. "Os arames protectores foron cortados por algunha persoa que ademáis de demostrar falta de sensibilidade e descoñecemento da historia e importancia destas dunas, provoca a pérdida de diñeiro público", sinalan dende o colectivo.