Telmo Martín: "Estamos contentos coa proxección do emprego en Sanxenxo"

▶ O alcalde de Sanxenxo fixo un balance positivo do ano 2022 no que se superou a pandemia e avanza un periodo cheo de traballo de cara a 2023
El alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. GONZALO GARCÍA
photo_camera O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. GONZALO GARCÍA

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, fixo un balance positivo do ano 2022 no municipio, no que quixo salientar o bo pulso que está tomando a empregabilidade no municipio, unida á superación da pandemia que mantivo o turismo a medio gas nun concello que xa este verán comezou a recuperarse co regreso do turismo internacional e o aforo completo en diferentes establecementos de hostelería, lembrando ao periodo prepandémico. "Dende o Goberno de Sanxenxo seguimos traballando para cumprir cos nosos compromisos para rematar con esta lexislatura á que lle quedan aínda catro meses e pico, e estamos contentos da labor que fixemos e da proxección que está tendo Sanxenxo, sobre todo a nivel de emprego, que é o que máis nos preocupa, que a xente teña traballo", asegurou.

Para o alcalde sanxenxino, "o balance deste ano é positivo, posto que creo que está eliminada prácticamente ao 100% a pandemia. Levamos o ano 2021 moi mal e para Sanxenxo este foi un ano moi bo", asegurou.

De cara ao 2023, o rexedor municipal tamén aventurou que este será un bo ano no que "toca ver os periodos electorais" no que respecta tanto ás eleccións municipais como ás autonómicas que terán lugar a nivel estatal, así coma ás xerais que se celebrarán de cara a finais de ano. "Vai ser un ano de traballo para aqueles que nos adicamos á política, pero para Sanxenxo penso que será un ano bo. Nós estamos traballando para el", asegurou Martín en clave positiva.