SOS Sanidade Sanxenxo convoca unha cadea humana o domingo en Baltar

Centro de salud de Baltar, en Sanxenxo. ADP
photo_camera Centro de salud de Baltar, en Sanxenxo. ADP

A plataforma SOS Sanidade Pública Sanxenxo vén de convocar unha concentración e cadea humana que se desenvolverá o vindeiro domingo, 20 de novembro, nas inmediacións do centro de saúde de Baltar, a partir das 12.00 horas, baixo o lema Arroupando a sanidade pública digna, para pedir que se cubran os postos vacantes e por baixas, vacacións e xubilacións, así coma o reforzo de ambulancias medicalizadas. Neste sentido, o colectivo demanda unha ambulancia para a área Pontevedra-O Salnés, e pide que "se abran con equipos completos os PACS, sen ter que mendigar atención duns concellos a outros".

A maiores, a plataforma sanxenxina realizará accións polo Día da Infancia, deixando bonecos e pancartas ás portas do centro de saúde de Baltar, ante a falta de pediatra.