Os socorristas de Sanxenxo fan un balance positivo sobre o mes de setembro

O servizo de Socorrismo apreciou unha baixada do turismo máis gradual que nos anos anteriores, que superou o tradicional baixón do 20 de agosto, prolongándose ata este mes

Socorristas vixiando ás praias antes de finalizar a tempada de verán. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Socorristas vixiando ás praias antes de finalizar a tempada de verán. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O verán rematou por este ano e os socorristas de Sanxenxo fixeron o seu balance sobre o último mes da tempada. Segundo os coordinadores responsables dos postos de socorrismo desta zona do Salnés, Guillermo Dorado e Laura Mirás, encanto á afluencia ás praias, "continuou durante toda esta temapada un bo trascurso de turismo. Ben é certo, que é un tipo de turismo que busca plans máis tranquilos, pero hubo un gran número", aseguraron.

Para os responsables da vixiancia nas praias a tempada continuou más alá de agosto e mesmo destacaron que notaron unha tendencia de cambio en canto ás datas dos turistas. "Antes la bajada se producía el 20 de agosto y, esta temporada se produjo de una forma más progresiva durante septiembre", explica Guillermo Dorado. Tamén os coordinadores quixeron destacar que, a pesar de ser un turismo máis relaxado que durante as datas máis punteiras de xullo e agosto, as súas funcións non se reduciron. "Rescate por algún nadador cansado o caídas o, en definitiva, cosas rutinarias", foron as urxencias que máis atenderon.

En setembro tamén aumentaron as súas rutas de vixilancia: "no noso caso, durante setembro, as nosas praias a protexer son: Areas, Silgar, Canealas, Montalvo e durante os fins de semana, entran Foxos e Lanzada", explicaron os coordinadores de socorrismo.

Os socorristas rematan unha tempada positiva chea de aprendizaxes, amizades e, sin dúbida, algún susto, pero coa chegada do a outono retoman as súas antigas rutinas. Algúns como estudantes universitarios e outros nos seus antigos postos de traballo, pero satisfeitos de ter favorecido a convivencia nos areais sanxenxinos durante este periodo clave para o municipio.