Soalleira fai historia co seu evento de música tradicional

▶ A VI edición do certame, que se celebrou este domingo no Pazo Emilia Pardo Bazán, dobrou a asistencia e as inscricións das pasadas edicións
Participantes  na primeira parte da xornada. RAFA FARIÑA
photo_camera Participantes na primeira parte da xornada. RAFA FARIÑA

 Ata 72 inscricións de bandas e agrupacións chegadas de diferentes puntos da comunidade galega fixeron posible que a asociación cultural Soalleira asinara este domingo un éxito rotundo na VI edición do seu certame de música tradicional, que tivo lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo en xornada de mañá e de tarde.

Asistentes na primeira parte da xornada. RAFA FARIÑA
Asistentes na primeira parte da xornada. RAFA FARIÑA

A elevada cifra de participantes supuxo duplicar a marca dos anos anteriores, e tamén fixo posible a multiplicación da asistencia a un evento que xa se converteu en todo un referente, e que este ano deu conta dos seus avances afinando a metodoloxía e a cadencia do concurso propiamente dito, así como as súas infraestruturas, premios e categorías.

Participantes na primeira parte da xornada. RAFA FARIÑA
Participantes na primeira parte da xornada. RAFA FARIÑA

De feito, cabe lembrar que, como avanzara este xornal, este ano houbo espazo tamén para os e as artistas 'senior', coa creación desta nova modalidade de participación, que se sumou ás outras catro, repartidas por idades. Ademais, a recuperación da data tradicional na que adoitaba celebrarse a cita, o segundo domingo de maio, causou o efecto de agardado pola propia presidenta da asociación, Mari Agís, quen sinalou que se trata dunha "data especial" que adoita atraer interese por parte das bandas visitantes.

Participantes na primeira parte da xornada. RAFA FARIÑA
Participantes na primeira parte da xornada. RAFA FARIÑA
Asistentes na primeira parte da xornada. RAFA FARIÑA
Asistentes na primeira parte da xornada. RAFA FARIÑA

Así, dende as primeiras horas da mañá, o auditorio encheuse de espectadores e de representantes institucionais coma a edil de Cultura, Elena Torres, quen apoiou a celebración dun evento que supón concentrar en Sanxenxo a toda a comunidade vencellada á música tradicional. Deste xeito, polo escenario foron desfilando dende as bandas máis cativas ata, xa ben entrada a tarde, e previa pausa á hora da comida, os grupos de adultos e 'senior'.
Deste xeito, a autenticidade nas interpretacións, afinación ou a dificultade de cada actuación foron as características máis valoradas para elixir aos mellores, cuxas interpretacións contan con premios de 4.100 euros a repartir.