Sanxenxo acollerá as xornadas de formación destinadas aos pais

O primeiro encontro terá lugar o venres 14 de abril, no que participará o licenciado en Psicoloxía e Técnico Superior en Baloncesto, Manuel Santos Nores 
La programación se desarrollará en el Pazo Emilia Pardo Bazán. DS
photo_camera as primeiras sesións realizaranse no Auditorio Emilia Pardo Bazán. DS

Sanxenxo contará, un ano máis, coas xornadas de formación dirixidas a pais e nais, organizadas polo Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CFR) en colaboración coas ANPAs e o Concello. Serán tres as charlas, nas que os participantes poderán adquirir coñecementos e pautas en diversos ámbitos para a crianza dos seus fillos.

A primeira será o próximo día 14 de abril (venres) e terá como poñente ao licenciado en Psicoloxía e Técnico Superior en Baloncesto, Manuel Santos Nores, de Vilagarcía. Na súa intervención, expoñerá o poder de influencia das expectativas das persoas de referencia dos nenos e o seu potencial positivo na educación. Tamén se abordarán os efectos negativos das expectativas e a súa relación coa frustración. Finalmente facilitará consellos para a correcta xestión das expectativas.

Sara Martín e Claudia Balado, psicólogas da fundación INGADA (Instituto Galego do TDAH e Transtornos Asociados), serán as encargadas de conducir a segunda xornada formativa deste ciclo formativo, que terá lugar o 29 do mesmo mes, e nela facilitarán aos pais e nais as pautas para axudar aos seus fillos a crear hábitos de traballo e facer una mellor aproveitamento do tempo de estudo e das tarefas escolares.

A edición deste ano rematará coa ponencia de Alejandro Rodrigo, orientador de familias e mestre, autor do libro titulado Como prevenir conflictos con adolescentes publicado no ano 2021. Na conferencia, que terá lugar o día 19 de maio, realizará un percorrido polos aspectos fundamentais que rodean a prevención e resolución de conflitos con fillos adolescentes e, a partir da interacción cos asistentes, xerará un espazo de reflexión sobre o propio modelo de educación.

DOUS ESCENARIOS
As charlas terán una duración de vinte horas, realizándose as dúas primeiras no Auditorio Pazo Emilia Pardo Bazán, e o escenario última serán as instalacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria Cruceiro. O Concello de Sanxenxo, coa finalidade de facilitar a todos os pais e nais a asistencia a estas xornadas, ofrece, previa inscrición, que se pode facer chamando ao teléfono 986 727 936, servizo de ludoteca para os nenos e nenas de idades comprendidas entre tres e doce anos.