Rosa Quintana enxalza o traballo do Náutico de Portonovo por manter a calidade dos servizos

A conselleira do Mar acudiu este venres ás instalacións para participar no izado da Bandeira Azul e da Bandeira Q de Calidade
Izado das bandeiras, este venres. DS
photo_camera Izado das bandeiras, este venres. DS

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, salientou durante a xornada deste venres o traballo do Club Náutico de Portonovo para manter a excelencia dos servizos que ofrece para a práctica das actividades de lecer. Unha labor que, segundo a conselleira, permitiu que no Náutico izara un ano máis as bandeiras Azul, que certifica a calidade ambiental, e Q de Calidade Turística, que recoñece a mellora dos servizos que se prestan aos turistas, ademais de situarse entre os portos deportivos máis importantes de Galicia.

Izado das bandeiras. DS
Autoridades no izado das bandeiras. DS

A titular de Mar destacou o feito de que Galicia sexa a comunidade con máis bandeiras Q de Calidade nas instalacións náutico-deportivas, cun total de 15 distintivos, e a terceira máis galardoada de España en número de areais e portos deportivos con Bandeiras Azuis (en total, 123 recoñecementos). A maiores, Quintana subliñou que estes distintivos son" unha mostra do compromiso de Galicia co turismo responsable e sostible".