A Rede de Bibliotecas de Sanxenxo, a pleno rendemento no seu mes grande

Este martes e xoves, o espazo de Portonovo acolle dúas novas actividades
Os Ratos de Lonxedetodo ateigaron a biblioteca de Sanxenxo. DS
photo_camera Os Ratos de Lonxedetodo ateigaron a biblioteca de Sanxenxo. DS

A celebración do Mes das Bibliotecas na Rede sanxenxina está a deixar grandes éxitos de convocatoria no marco da programación que involucra aos tres espazos de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga, que compoñen a rede. Así, deceas de persoas, entre cativos e adultos, veñen de brindar unha calorosa acollida á primeira actividade do programa, unha sesión de contacontos que tivo lugar na biblioteca de Sanxenxo da man de Os Ratos de Lonxedetodo.

Xunto a esta, e a última cita coa divulgación científica que tivo lugar no espazo de Portonovo, o programa suma agora dúas novas actividades. Este martes, a biblioteca portonovesa acolle unha sesión teatralizada para nenos e nenas a partir de tres anos baixo o título de Animaladas, coa exploradora Jeanne Baret e a súa misión na selva de Pitiminí, chea de misterios.

O mércores 10, á mesma hora (18.00 horas), Paula Carballeira conducirá unha sesión de contos na biblioteca de Vilalonga.