Sabías que...

O Real Club Náutico de Sanxenxo ten máis de 70 anos de idade

Un grupo de veraneantes constituíuse como a sociedade Real Club Náutico de Sanxenxo no ano 1951
Real Club Náutico de Sanxenxo. DAVID FREIRE
photo_camera Real Club Náutico de Sanxenxo. DAVID FREIRE

Era o ano 1951 e quedaban poucas semanas para comezar o verán. Un grupo de turistas que adoitaban pasar os seus veráns pola zona de Sanxenxo e que amaban os deportes de mar, deciden organizar as súas saídas á Ría de Pontevedra. Ese grupo de persoas constituiría a sociedade Real Club Náutico de Sanxenxo o 8 de xuño dese mesmo ano.

Construír o edificio social fora un dos seus primeiros grandes e importantes pasos. Non sería ata o 25 de xullo de 1961 cando se inauguraría o edificio. 343 metros cadrados do porto pesqueiro estaban destinados para que ese grupo de turistas seguiran dando pasos para o seu proxecto.

No ano 1998 constrúese o Porto Deportivo, o que permitiría que o Club Náutico fora recoñecido e visitado por regatistas internacionais. Na actualidade, o porto de Sanxenxo ten máis de 70 anos de idade e conta con máis de 1.100 socios nas súas distintas modalidades e cunha intensa actividade durante todo o ano.