O PSOE reclama ao alcalde Telmo Martín que defenda a sanidade pública

A reivindicación sae a luz de novo para apoiar a recollida de sinaturas que terá lugar hoxe, de 18.00 a 20.30 horas na praza de Pascual Veiga
Telmo Martín. G.G.
photo_camera Telmo Martín. G.G.

O PSOE de Sanxenxo denuncia, unha vez más, a precariedade da atención sanitaria no municipio. "Fai uns días había só un médico de familia atendendo en todo o concello, non se substitúe ao persoal de enfermería que está de baixa, e non hai pediatra algún dende fai tempo", denuncia a voceira socialista, Ainhoa Fervenza.

Esta reivindicación sae a luz de novo para apoiar a recollida de sinaturas que terá lugar hoxe, na praza de Pascual Veiga de 18.00 a 20.30 horas. O obxectivo desta iniciativa é outro que reclamar ante o Parlamento Galego unha Sanidade de calidade. 

"É perentorio que se modifique a lei de saúde e se garanta a asistencia sanitaria a todos os galegos e galegas", demanda Fervenza. "Os veciños e veciñas de Sanxenxo non son menos que ninguén e pagan ao día os seus impostos", engade a concelleira do PSOE.

Os socialistas remarcan que este problema non é algo novo, se non que vense xestando pouco a pouco dende fai anos. "Sanxenxo, pola súa natureza turística, tiña que ser o escaparate de Galicia e, sen embargo, está totalmente abandonado en materia sanitaria", lamenta. 

"Cada ano estamos algo peor que o anterior, e Telmo mira cara outro lado. O noso alcalde é submiso ante a inoperancia da Xunta. Non pelexa por nós. Moitos outros mandatarios á fronte de municipios que padecen á mesma lacra téñense posicionado do lado dos seus veciños", subliña Fervenza.