O PSOE critica a "falta de espazo" e de saídas de emerxencia no pavillón de Nantes

Escolares durante unha visita ao pavillón. DS
photo_camera Escolares durante unha visita ao pavillón. DS

A voceira do PSdeG-PSOE de Sanxenxo, Ainhoa Fervenza, criticou onte diferentes aspectos da obra do pavillón de Nantes, que calificou de "pésima planificación" por parte do Goberno local. "Apenas entrando ao pavillón xa se pode ver o reducido que é e o pouco espazo que quedou arredor das liñas que delimitan a cancha", sinalou.

Para a voceira socialista, "non pode ser que xa cando o pavillón non estaba cuberto, non pensaran en facer os vestiarios cara fóra, para non collerlle espazo ao campo. Non é comprensible que non deixaran nin un pouco espazo para facer unhas gradas. É incrible que con todo o espazo que contaban para o proxecto, o reduciran a isto e deixaran aos nenos e nenas cunha cancha na que como caias un pouco fóra de ela, podes darte cunha columna ou coa parede", observou. Ademais, Fervenza incidiu en que "cando alguén pide usar o pavillón, non conta con acceso á saída de emerxencia, co cal, en calquera accidente, non poderían entrar os servizos de emerxencia".