Portonovo retoma o programa 'Coñece a túa biblioteca'

O alumnado do CEIP Portonovo foi o encargado de reinaugurar a iniciativa impulsada pola Concellería de Cultura, que se suspendeu pola pandemia
Os cativos ante a fachada da biblioteca de Portonovo. DS
photo_camera Os cativos ante a fachada da biblioteca de Portonovo. DS

A Biblioteca de Portonovo iniciou esta semana unha nova campaña do programa Coñece a túa biblioteca, que se leva a cabo desde a Rede de Bibliotecas do Concello de Sanxenxo. Na visita do pasado martes estiveron dous grupos de alumnos de 1º de Educación Primaria do CEIP Portonovo que, acompañados dos seus mestres, atenderon ás explicacións que lles deron as bibliotecarias sobre o funcionamento das bibliotecas e disfrutaron das historias que lles contaron.

O alumnado durante a visita á Biblioteca de Portonovo. DS

A Concellería de Cultura aposta de novo por este programa, que se veu interrompido pola pandemia e que se retoma, de novo, para familiarizar aos escolares coas Bibliotecas da súa contorna. As visitas escolares son unha actividade de formación de usuarios que pretende achegar aos escolares ao mundo máxico da biblioteca e os libros, dunha forma lúdica e divertida para contribuir ao fomento da lectura, o coñecemento dos servicios e actividades das mesmas. As visitas continuarán despois de Semana Santa con máis grupos e centros educativos de Sanxenxo.