Podemos Sanxenxo abre o procedemento de "escoita activa" de cara ás eleccións municipais

O colectivo contactará coas ANPAS, asociacións de veciños e tecido social do concello para coñecer as problemáticas que afrontan

Os integrantes do grupo de Podemos en Sanxenxo. DS
photo_camera Os integrantes do grupo de Podemos en Sanxenxo. DS

O grupo de Podemos Sanxenxo abre un proceso de "escoita activa" de cara ás vindeiras eleccions municipais, xa que "para nós o municipalismo é unha ferramenta moi importante, xa que o Concello é a representación do poder político máis cercano á xente".

Neste sentido, para o grupo, "a interacción coa veciñanza e a súa participación, é fundamental para o correcto desenvolvemento das futuras actuacións que se leven a cabo.Porémonos en contacto coas ANPAS, asociacións de veciños e demais tecido social do concello, para coñecer de primera man os problemas que afrontan e buscarlles unha solución traballando en conxunto", aseguraron.

Ademais, tamén quixeron comunicar que "os nosos veciños pódense poñer en contacto con nós a través das redes sociais Instagram, Twitter ou Facebook, para darlles voz aos seus problemas ou para coñecer as distintas propostas para construir entre todos e para todos, un Sanxenxo mellor.