Podemos insta ao Goberno local a preservar o xacemento arqueolóxico da Lanzada

Denuncian o abandono do patrimonio cultural, que presenta derrumbes na súa estrutura
Alexandre Portela xunto ao derrumbe parcial do xacemento arquolóxico da Lanzada. CEDIDA
photo_camera Alexandre Portela xunto ao derrumbe parcial do xacemento arquolóxico da Lanzada. CEDIDA

Alexandre Portela, o candidato de Podemos á alcaldía de Sanxenxo , solicita ao Concello que se poña en valor o xacemento arqueolóxico da Lanzada, de enorme importancia patrimonial e histórico que "está totalmente abandonado, tanto por parte do Concello como da Xunta de Galicia, chegando a estar parte do propio xacemento, parcialmente derruído".

"Unha vez máis insistimos na necesidade de protexer, valorar e potenciar os distintos recursos históricos que podemos atopar en Sanxenxo para fomentar diversas actividades tanto lúdicas coma no ámbito laboral que poderían repercutir positivamente na nosa vila non só nos meses de verán", sinalan dende a formación. 

"Cremos que este sería un primeiro paso para avanzar no tan necesario proceso de desestacionalización do turismo do noso concello, dando lugar deste modo a novas oportunidades laborais demostrando que Sanxenxo é algo máis que sol e praias dous meses ó ano", sentencia Portela.