Neen@s celebra este sábado o seu Festival de Panxoliñas solidario para facilitar becas na asociación

O evento contará con diferentes actuacións, sorteos, e a presencia do Poli Paco, que recollerá as cartas para Papá Noel
La programación se desarrollará en el Pazo Emilia Pardo Bazán. DS
photo_camera O Festival terá lugar no auditorio Emilia Pardo Bazán. DS

A asociación sanxenxina Neen@s celebra este sábado, 17 de decembro, a partir das 18.00 horas, o seu Festival de Panxoliñas solidario no auditorio Emilia Pardo Bazán, ubicado en Miraflores, co que pretende recadar fondos para poder becar na entidade a aqueles nenos e nenas con necesidades específicas que máis o precisen.

O evento contará coa actuación de +Q Cantigas, 5 en Zocas, Asociación Cultural Abiñadoira, Coro Infantil-Xuvenil ADCFILM e grupo de canto popular ASXUPEN. Ademais, entre actuacións haberá sorteos, petos solidarios e diferentes sorpresas. No evento, en colaboración co Concello e a Deputación, tamén estará presente o Poli Paco para recoller as cartas para Papá Noel.