As Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo conmemoran 30 anos de historia

O colectivo celebrou esta fin de semana a súa cea-baile aniversario no Real Club Náutico de Sanxenxo, nun momento no que goza dun bo estado de saúde, con arredor dun cento de socias
Asistentes ao evento no Real Club Náutico. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Asistentes ao evento no Real Club Náutico. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

As Mulleres Rurais Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo conmemoraron esta fin de semana 30 anos de historia cunha cea-baile que tivo lugar nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo, un espazo que, ademais, é frecuentado polo colectivo no que respecta á súa programación anual, que inclúe clases de pilates que se desenvolven neste emprazamento.

Asistentes ao evento no Real Club Náutico. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Asistentes ao evento no Real Club Náutico. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Asistentes ao evento no Real Club Náutico. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Asistentes ao evento no Real Club Náutico. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O evento deu conta do bo estado de saúde dun colectivo que conta con arredor dun cento de socias e que constitúe un potente dinamizador para as mulleres do municipio, que abarcan todas as idades, dende os 30 ata os 80 anos, cunha media de de 60.

Asistentes ao evento no Real Club Náutico. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Asistentes ao evento no Real Club Náutico. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Trátase dunha das primeiras asociacións de Mulleres Rurais de Sanxenxo, que no seu momento concentrou socias de todos os recunchos do municipio, e que agora se dividiron en colectivos rurais segundo as parroquias. Sen embargo, o nivel de asociadas en Sanxenxo logrou manterse ao longo dos anos, cunha intensa actividade que engloba calceta, encaixe de palillos, bordado, costura ou taichí, que se desenvolve actualmente no novo local ubicado na rúa Progreso.