A Mancomunidade pecha a X edición do Programa Integrado de Emprego

▶ A entrega de diplomas desenvolveuse na nova sede en Sanxenxo, acompañada por un ‘showcooking’ a cargo do Obradoiro de Hostelería
O acto, este xoves. DS
photo_camera O acto, este xoves. DS

A Mancomunidade do Salnés despediu este xoves a X edición do seu exitoso Obradoiro Integrado de Emprego cunha entrega de diplomas ao alumnado, que se desenvolveu na nova sede da entidade, ubicada na rúa Ourense de Sanxenxo.

O acto, no que participaron a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lago, a xefa territorial de Emprego, Marta Mariño, a presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez, o edil de Economía e Persoal de Sanxenxo, Marcos Guisasola, o alcalde de Ribadumia, David Castro, o xerente da Mancomunidade, Ramón G. Guinarte e a responsable do programa, Begoña Verissimo, contou tamén cun ‘showcooking’ con tapas elaboradas a parir de mel (Melsacra) etiqueta negra e queixo, a cargo do Obradoiro de Hostelería. No caso do produto Melsacra, foi galardoada por segundo ano consecutivo no certame internacional Great Taste en Londres, posicionándose como unha das cinco mellores meles do Estado.