FEGADACE impartirá unha charla en Sanxenxo para previr o dano cerebral adquirido

A sesión vai ter lugar o 17 de abril ás 16.30 horas, e vai abordar as principais causas e secuelas desta discapacidade, coa que conviven máis de 40.000 persoas en Galicia
Un acto en As Canteiras. RAFA FARIÑA/ARQUIVO
photo_camera Un acto en As Canteiras. RAFA FARIÑA/ARQUIVO

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) organiza en Sanxenxo, na Casa Forestal Social As Canteiras de Noalla, unha actividade de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido, unha discapacidade resultante, na maioría dos casos, dun ictus ou dun traumatismo cranioencefálico derivado dun accidente de tráfico.

A sesión informativa, organizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e os Servizos Sociais do Concello de Sanxenxo, terá lugar o 17 de abril ás 16.30 neste emprazamento situado no número 4 de O Pombal. A actividade está dirixida a todo tipo de público e centrarase na abordaxe das principais causas do dano cerebral, das diversas secuelas asociadas a esta súbita lesión e dos recursos de atención dispoñibles para o colectivo. 

A asistencia á charla é de balde, pero é preciso inscribirse previamente no presente formulario ou nos Servizos Sociais de Sanxenxo, chamado ao 986 727 901 ou presencialmente na rúa Rafael Picó número 4 de Portonovo.