As escolas deportivas ofertan en Sanxenxo 13 disciplinas dende infantil á E.S.O

As actividades darán comezo en outubro e as inscripcións deben realizarse directamente no club local que corresponda
Cativada asistindo a unha actividade deportiva. J.OUBIÑA
photo_camera Cativada asistindo a unha actividade deportiva. J.OUBIÑA

Este curso escolar impartiranse na localidade un total de 13 disciplinas deportivas difentes dispoñibles para dende os cursos de infantil ata a E.S.O. Balonmán, fútbol sala, baloncesto, boxeo, billarda, paddle surf, piragüísmo, salvamento, surf, surfskate, taekwondo, tenis e voleibol son as especialidades que se prestan a desenvolver durante este ano escolar. Os prezos oscilan entre os dez e os 60 euros mensuais, dependendo da actividade.En total, hai 278 prazas dispoñibles.

O Concello de Sanxenxo con este aumento das súas propostas deportivas, ademais do aumento das disciplinas, pretende fomentar o deporte dende idades temperás, e aumentar os hábitos de vida saudables.

As actividades darán comezo en outubro e as inscripcións deberán realizarse directamente no club local que corresponda.