A escola de aviación terá a súa presentación este sábado

La piloto sanxenxina Paula Soutullo, en las instalaciones de la futura escuela. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
As fundadoras da ‘Aviation Privée’ contarán con outros tres veciños de Sanxenxo que outorgará á Sala Nauta cun selo marcadamente local

Sala Nauta de Sanxenxo -situada no porto deportivo da localidade- acollerá este sábado, a presentación oficial da escola de tripulantes de cabina denominada ‘Aviation Privée’ cun equipo con marcado selo de Sanxenxo. As súas fundadoras, Paula Fernández, de Nantes , e Lucía Taboada, de A Coruña, contarán no seu equipo con Jose Cacabelos, de Vilalonga; Nerea González , de Dorrón, e Diana Fernández, de Nantes.

A academia que goza da homologación adecuada terá á localidade sanxenxina como a súa base de operacións, ademais de pór en marcha dous cursos: Un de Tripulante de Cabinada Pasaxeiros de dous meses de duración; e outro de Aviación Executiva, de tres semanas, pensado para aqueles auxiliares que queiran traballar en jets privados. Nos cursos impartiranse todas as asignaturas de AESA. A formación, ademais, contará con clases de imaxen persoal e protocolo, aviación privada e prácticas reais nun simulador de nun vóo entre Canarias e Madrid e outro no entorno de Sanxenxo. 

Pola súa parte, o Concello consedera «moi interesante» a ampliación das ofertas formativas do municipio con novas disciplinas e especialidades como a aviación coas que, a zona, garda históricamente relación a través dunha figura tan importante como o aviador José Piñeiro, nacido en Ferrol, pero asentado dende principios do Século XX en Sanxenxo.

XORNADAS OPEN DAY. Na xornada de portas abertas, Open Day, o equipo directivo, realizará unha charla de presentación na que estarán os profesionais da escola. A partir das 16.30 horas no Porto Deportivo de Sanxenxo. Para asistir recoméndase confirmar asistencia, xa sexa a través do seu instagram ou o seu whatapp. Tamén, durante a xornada de portas abertas, terá lugar a presentación do uniforme oficial da escola homologada e se realizará un sorteo entre os asistentes dun vóo de iniciación no aeroporto de Mazaricos.