O Encontro de Labores congregou a un cento de persoas en Portonovo

A cita, organizada por Os Gatiños de Portonovo, contou co apoio doutras cinco asociacións culturais da comarca
Algunhas das participantes na cita. DS
photo_camera Algunhas das participantes na cita. DS

Arredor dun cento de persoas, entre participantes, curiosos e artesáns, déronse cita a pasada fin de semana nunha iniciativa novidosa que chegou para quedar no calendario lúdico e cultural de Portonovo. Trátase do I Encontro de Labores, organizado pola agrupación Os Gatiños de Portonovo, e que tivo lugar na mesma praza da vila mariñeira. Ata alí achegáronse máis de 50 palilleiras e costureiras que elaboraron ‘in situ’ encaixe de bolillos, bordado, ganchillo, macramé, calceta ou bordado ao aire, entre outros, co apoio doutras cinco asociacións culturais da comarca.

O encontro, ademais, contou cun amplo abanico de participación, dende cativos e cativas ata xubiladas, e serviu coma un escaparate para os produtos artesanais, coa colaboración dunhas 17 entidades, entre comercios e colectivos.