Conde garante en Sanxenxo o compromiso da Xunta cos autónomos ante a inflación

▶ O vicepresidente primeiro pechou este sábado o XII Congreso das Persoas Traballadoras Autónomas de APE, que tivo lugar no Hotel Carlos I
Premiados en la cita con las autoridades. GONZALO GARCÍA
photo_camera Premiados durante a cita coas autoridades. GONZALO GARCÍA

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, subliñou este sábado durante o peche do XII Congreso das Persoas Traballadoras Autónomas, impulsado por APE Galicia, o "esforzo da Xunta de Galicia por acompañar ás pemes e autónomos" fronte ás circunstancias excepcionais que está a provocar "a inflación, o prezo da electricidade ou os problemas de subministración, agravados pola guerra de Ucraína" e garantiu a prioridade para os autónomos "nas diferentes medidas que se están adoptando" para que o custo da enerxía e das materias primas teña o menor impacto posible nos seus negocios.

Ambiente durante la cena. GONZALO GARCÍA
Ambiente durante a cea. GONZALO GARCÍA

Así, 30 millóns de euros do orzamento da Xunta para o vindeiro ano van ir destinados a ese obxectivo, a través do novo programa Impacto Autónomo, cunha axuda media de 1.200 euros, lembrou o vicepresidente, quen tamén quixo destacar que os autónomos e autónomas xa "foron un colectivo prioritario cando houbo que aprobar os catro plans de rescate" para axudar aos sectores máis afectados pola pandemia.

Autoridades asistentes junto al vicepresidente de la Xunta, Francisco Conde (centro). GONZALO GARCÍA
Autoridades asistentes xunto ao vicepresidente da Xunta, Francisco Conde (centro). GONZALO GARCÍA

En total, destinaranse de xeito específico preto de 57 millóns de euros para apoiar o colectivo de autónomos e autónomas galegas, que neste momento representa o 20% das afiliacións na Comunidade. Ademais, pemes e autónomos poderán acceder a diferentes apoios para implantar instalacións de autoconsumo e para reducir o consumo de enerxía, con programas como o Bono Enerxía Peme.

Ambiente durante a cea. GONZALO GARCÍA
Ambiente durante a recepción. GONZALO GARCÍA

Durante a súa intervención no congreso, que se celebrou no Hotel Carlos I con arredor de 250 convidados e convidadas, e que serviu para entregar os diferentes galardóns desta edición, Conde recoñeceu o compromiso co bo facer e co bo servizo destes profesionais, así como o seu sentido da responsabilidade.

José Froiz recolleu o recoñecemento póstumo a Magín Froiz. GONZALO GARCÍA
José Froiz recolleu o recoñecemento póstumo a Magín Froiz. GONZALO GARCÍA

No acto tamén participaron a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades; a subdelegada do Goberno, Maica Larriba; a deputada provincial de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Empresarial, Ana María Mejías Sacaluga, e outras autoridades coma o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas Martínez.

PREMIADOS. Ao longo dunha noite especial como foi a do regreso do congreso de APE Galicia, tras un ano de parón a causa da pandemia, as autoridades entregaron os galardóns ás persoas premiadas nesta edición, que foron José Luis Corujo Grandela, de talleres Eleccorujo; José Antonio Rodríguez Araújo, de Carrocerías Digal; Alejandro Gómez-Ulla, da farmacia Gómez-Ulla; Fina Cabaleiro Portela, de Adega de Ardán; María Eugenia Silva Tarela, da Cofradía de Raxó; Minia Rodríguez García, de Transportes RG; e a Familia Ramírez. A todos eles recoñecéuselles a súa labor e o seu éxito xa que, grazas ao seu esforzo e dedicación, conseguiron acadar a competitividade nas entidades representadas, contribuíndo á creación de emprego na comunidade.

Máis distincións: Recoñecemento póstumo a Froiz e galardón para a Zona Franca
A XII edición do congreso de APE Galicia contou, durante a noite de onte, con dous momentos emotivos na entrega de galardóns polo seu significado. Así, o colectivo fixo un recoñecemento póstumo a Magín Froiz Planes, "pola súa traxectoria profesional", e en agradecemento ao compromiso e colaboración coa entidade ao longo da súa existencia, tal e como destacaron os seus representantes.
Por por último, APE realizou a entrega doutro galardón especial, adicado ao Consorcio Zona Franca de Vigo, motivado pola "labor que realizan a favor das persoas traballadoras autónomas".
Ao remate do acto, o público asistente puido participar na cea de homenaxe.