O Concurso de Música Tradicional Soalleira poderá seguirse en ‘streaming’

A asociación celebrará a quinta edición do certame o vindeiro 7 de maio no Auditorio Emilia Pardo Bazán, e comeza a fase de inscricións
O certame na pasada edición. DS
photo_camera O certame na pasada edición. DS

O Concurso de Música Tradicional Soalleira celebrará a súa quinta edición o vindeiro 7 de maio no Auditorio Emilia Pardo Bazán e poderá seguirse vía streaming a través dunha pantalla que se colocará na carpa que se ubicará na entrada exterior do Auditorio. Neste espazo, os grupos poderán ensaiar e prepararse para as actuacións repartidas en xornada de mañá para os máis pequenos e de tarde.

A concelleira de Educación e Cultura, Paz Lago, sinala que "temos moita sorte de contar e apoiar a agrupacións como Soalleira que defenden a nosa cultura e o noso patrimanio cultural, deixando patente a existencia de canteira con talento folclórico galego no noso municipio". A Asociación Cultural Soalleira, que se encarga de organizar o certame xunto co Concello, iniciará nestes días o envío das bases do concurso, vía email, ás agrupacións que, para participar, deben enviar a súa inscrición ao mail [email protected].