O CIM de Sanxenxo inicia talleres e formación sobre igualdade

O IES de Vilalonga contará cun punto violeta da campaña 'Agresións off: Eu digo non á violencia sexual' como previa do 25-N
Cativada celebrando un dos anteriores 25-N. D.FREIRE
photo_camera Cativada celebrando un dos anteriores 25-N. D.FREIRE

Centro de Información á Muller (CIM) inicia a súa programación con talleres e formación sobre igualdade e empoderamento femenino e contra a violencia de xénero como actividades previas á conmemoración do 25-N.

O IES de Vilalonga contará, entre as 10 e as 14 horas, cun punto violeta da campaña ‘Agresión off: Eu digo no ná violencia sexual’ dentro do acordo de colaboración firmado pola Secretría Xeral de igualdade e a Fegamp.

As sesións de educación afectivo sexual como prevención da violencia de xénero comezarán este venres nos centros educativos locais co proxecto ‘Quéreme menos e quéreme mellor’, subvencionado pola Diputación de pontevedra, onde búscase previr a violencia machista en idades temperás cun total de 300 horas repartidas en 4 meses.

A formación en igualdade chegará tamén ao Taller de Memoria de Sanxenxo onde o CIM fará sesións de difusión e sensibilización durante o mes de outubro contra a violencia de xénero. A programación do Centro de Información á Muller inclúe un taller de Empoderamento Femenino e Autoestima que impartirá Silvia Fernández De Luna na Cofradía de Pescadores de Portonovo.

As prazas son limitadas e as mulleres que queiran asistir poden inscribirse no correo do centro do CIM ata o 14 de outubro. As clases serán o 21 e 28 de outubro ás 17 horas e o 4 e 11 de novembro ás 19 horas.